O alumnado de ESO asistiu ao XI festival Internacional de curtametraxes e diversidade funcional ( Ficandaina) no multiusos da Xunqueira onde, visionaron cinco curtametraxes dos que tiñan que votar por un que será o vencedor do premio do público desta edición. Logo os alumnos fixéronlle preguntas a Simón González, campión do mundo en trece ocasións na modalidade de Full Contact quen logo de sufrir un accidente doméstico quedou nunha cadeira de rodas. Agora mesmo dirixe e imparte clases de boxeo e full contact no seu propio museo. Sempre é unha experiencia magnífica para que o alumnado se decate doutros xeitos de encaixar os golpes da vida.