Volver

PREMIO CONCURSO ESCOLA EN CAMIÑO DO FARO DE VIGO

post
Ver más imagenes

Este pasado mércores, 8 de novembro, tivemos a saída cultural a Santiago de Compostela co gallo do premio recibido no concurso Escola en camiño de Faro de Vigo.

Alumnos de diferentes cursos do noso centro xantaron xuntos e fixeron un roteiro guiado pola cidade. Malia que o tempo non acompañou...xa se sabe que "En Santiago a choiva é arte ..." pasaron unha xornada de convivencia fantástica e marabillosa.
Era un día para eles que aproveitaron de forma moi positiva e no que todos aprendemos algo novo sobre a cidade do apóstolo,e mesmo tivemos ocasión de escoitar unha tuna de México.