O alumnado do Colegio Vigo elaborou unhas postais fermosas cheas de bos desexos para felicitarlles o Nadal ás personas residentes da residencia Bo Dia Magnolio. Grazas pola colaboración.
A ilusión que puxeron as rapazas e rapaces nesta actividade reflíctese nas caras dos maiores, cheas de ledicia.
O noso centro destaca por coidar a sensibilidade e as emocións dun xeito exemplar, e estas accións impulsan ao alumnado a seguir sumando nesta sociedade tan plural.
