Volver

VISITA ISSGA

post

O pasado venres 26 de xaneiro, os cursos de  segundo,terceiro e cuarto de Primaria visitaron a aula didáctica de ISSGA, onde Elena, dun xeito lúdico e ameno, explicou aos rapaces temas tan interesantes como  os sistemas e mecanismos de  seguridade e protección tanto no colexio coma na casa. Despois dun bo rato de xogos didácticos houbo moitos agasallos e sorpresas, tales como unha búsqueda dun tesouro. Nesta visita estivemos acompañados por Alberto Fuentes Losada, Secretario Xeral técnico da Consellería de promoción do emprego e igualdade, quen visitou as instalacións de ISSGA e interacionou co alumnado de forma moi directa e divertida.