O xoves 21 de novembro os alumnos Sofía Mariño e Marco González participaron no Pleno Xuvenil 2024 do Concello de Redondela, representando ao alumnado de 1º da ESO e a todo o noso Colexio.
Este ano baixo o lema "Coñecemos os nosos dereitos, actuamos para protexelos" poideron participar de forma activa na sesión plenaria, xunto con outros centros educativos do Concello.
Os nosos representantes trataron diferentes temas que consideran esenciais, tales como a sanidade e a saúde, a cultura e o lecer ou o medio ambiente. Sempre resulta unha actividade moi gratificante porque acerca aos máis pequenos á toma de decisións municipais e a comprender de cerca como funciona o noso sistema democrático.