Volver

CANDO A MÚSICA ENTRA NA AULA...TODO VIBRA!

post

Onte tivemos a sorte de recibir no noso centro á Escola de Música Moderna de Redondela (EMMBA) .
Os seus músicos ofrecéronnos un pequeno concerto no salón de actos, facendo vibrar a todos cos seus temas. Ademais, compartiron xogos e dinámicas moi divertidas cos nenos e nenas, ao tempo que lles achegaban curiosidades e información sobre a historia da música.

Foi unha experiencia chea de ritmo, aprendizaxe e alegría. Grazas a EMMBA por esta visita tan especial!