Peche da Semana do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Ao longo destes días, o noso alumnado percorreu un camiño cheo de descubrimentos, coñecendo mulleres inventoras e científicas que, co seu talento e perseveranza, cambiaron o mundo e melloraron a nosa vida cotiá.
Cada vídeo, cada mural e cada actividade foron unha oportunidade para dar visibilidade a referentes femininos na ciencia, espertar vocacións e seguir traballando pola igualdade real.
Dende o Equipo de Coordinación de Igualdade do centro, queremos agradecer sinceramente a implicación de todo o alumnado e profesorado. Sen vós, nada disto sería posible.
Seguimos construíndo un centro que educa en igualdade, que inspira e que abre camiños
