Neste Entroido, o alumnado de infantil e primaria formou unha preciosa rondalla na honra deste xénero folclórico e musical tan noso. Despois dun multitudinario ensaio de rondalla no aparcadoiro do colexio, seguimos a festa cunha xornada chea de música e baile. Agardamos poder desfilar nas rúas de Redondela o vindeiro 20 de febreiro!!!!
