Volver

DESFILE ENTROIDO

post
Ver más imagenes

Hoxe vivimos un día de Entroido inesquecible!

Aproveitando que a choiva nos deu unha tregua, puidemos realizar o noso pasarrúas, enchendo a vila de Redondela de rondalleiros do Cole Vigo. Música, cor e ilusión acompañaron cada paso deste desfile tan especial!

Como gran remate, sacamos as nosas dotes musicais e cantareiras a relucir cunha fermosa exhibición da nosa rondalla. A rapazada gozou moitísimo da xornada e contaxiou a toda a veciñanza coa súa alegría! 

Queremos agradecer aos compañeiros do CEP Santa Mariña. Foi un pracer compartir esta actividade convosco! Comeza xa a conta atrás para o pasarrúas do vindeiro curso! 

Grazas de corazón ás familias que nos acompañastes e fixestes desta mañá un momento marabilloso para toda a nosa comunidade educativa. E, para aquelas que non puidestes estar presentes, aquí vos deixamos un anaquiño do acontecido para que o poidades revivir. Botámosvos de menos!