Hoxe desfrutamos dunha mañá moi especial coa saída á Fundación Sales de Vigo
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a oportunidade de conectar coa natureza, descubrir a gran variedade de plantas e espazos verdes, e aprender de forma vivencial nun contorno único. Foi unha experiencia enriquecedora que combinou aprendizaxe, curiosidade e desfrute ao aire libre.
Ademais, estes momentos fóra da aula fortalecen a convivencia, fomentan o respecto polo medio ambiente e regálannos recordos compartidos que tamén forman parte do proceso educativo.
Sen dúbida, unha saída para repetir!
