Volver

ACTIVIDADE MENIÑOS 1º E 2º ED. PRIMARIA

post

O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a AXIA, un programa  da Fundación Meniños que promove a saúde mental infantil e o bo trato nas escolas.
A través dunha aventura educativa inmersiva,  conecta aulas e familias para previr a violencia e fomentar unha convivencia positiva dende as primeiras idades. 
Queremos dar as grazas a Isa pola súa charla, tan próxima e enriquecedora.
Seguimos apostando por educar en valores, coidar as emocións e construír contornas seguras para medrar e aprender.