Volver

A ÓPERA CHEGA AO COLEXIO VIGO

post
Ver más imagenes

Desde o Colexio Vigo, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á asociación Amigos da Ópera pola fantástica visita e charla que nos brindaron recentemente.
A través do seu programa "Ópera na Escola", os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de achegarse a este xénero musical dun xeito ameno, didáctico e apaixoante.
É un privilexio contar con iniciativas locais que se esforzan pola divulgación cultural nos centros educativos da nosa cidade, espertando a curiosidade e o sentido artístico dos máis novos. Grazas por compartir o voso tempo e coñecemento connosco, e por abrirnos as portas a este marabilloso mundo. Esperamos volver a ter outra oportunidade igual.