Volver

XUNTOS FACEMOS CAMIÑO

post
Ver más imagenes

A rapazada de Educación Infantil deu grandes pasos no seu percorrido polo Camiño de Santiago!

Esta actividade forma parte da nosa participación no programa Vexo Veo Xacobeo, dentro do Plan Proxecta+, co proxecto “Xuntos facemos Camiño”, achegándonos á historia e aos valores do Camiño.

Comezamos en Arcade e avanzamos ata Pontesampaio, seguindo as frechas amarelas , como auténticos peregrinos e peregrinas cheos de ilusión e da man das nosas familias. 

Vivimos unha xornada chea de xogos, risas e aprendizaxes compartidas, acompañada dunha rica merenda, que nos une máis como comunidade educativa. 

Grazas ás familias por acompañarnos nesta xornada inesquecible, e a Yago e Viki polos xogos tan divertidos e didácticos 

#CamiñoDeSantiago #VexoVeoXacobeo #PlanProxecta #XuntosFacemosCamiño #EducaciónInfantil #CrecendoXuntos