Volver

SOMOS UNHA ESCOLA AZUL

post

Xa somos oficialmente unha Escola Azul!

Temos o pracer de compartir con todos vós unha nova que nos enche de orgullo: o CPR Plurilingüe Colegio Vigo foi recoñecido co distintivo de Escola Azul. 

Este galardón premia o compromiso e o entusiasmo que toda a nosa comunidade educativa puxo no proxecto “A Voz das Ondas / Listening to the Waves”. 

Grazas á implicación de todo o alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria, estamos a aprender que o futuro do noso océano está nas nosas mans. 

Este recoñecemento reafirma o noso obxectivo de fomentar unha conciencia activa cara á protección do medio mariño e a valoración da biodiversidade da nosa ría. 

Queremos dar as grazas a todas as familias, docentes e entidades que colaboran con nós para converter ao noso alumnado en verdadeiros Gardiáns do Mar. 

Seguimos navegando xuntos cara a un horizonte máis sostible e cheo de aprendizaxes!