Volver

MERGULLADOS NO "BOSQUE DAS LETRAS" - ED. INFANTIL

post

O alumnado de Educación Infantil viviu unha mañá moi especial na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela! 
da man das nosas fantásticas bibliotecarias mergullámonos no máxico “Bosque das Letras”, descubrindo contos cheos de imaxinación, emocións e aventuras. 
Ademais de escoitar historias marabillosas, tamén creamos o noso propio Bosque das Letras e levamos para casa unhas creacións preciosas feitas con moito agarimo. 
E aínda houbo unha sorpresa final: agasalláronnos cunha pequena suculenta  para lembrar que o amor pola lectura, igual ca as plantas, medra co coidado, o tempo e o cariño.
Moitas grazas á Biblioteca Valle-Inclán de Redondela pola acollida e ás familias pola vosa colaboración. Seguimos cultivando lectores e lectoras felices!