O alumnado de Educación Infantil viviu unha mañá moi especial na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela!
da man das nosas fantásticas bibliotecarias mergullámonos no máxico “Bosque das Letras”, descubrindo contos cheos de imaxinación, emocións e aventuras.
Ademais de escoitar historias marabillosas, tamén creamos o noso propio Bosque das Letras e levamos para casa unhas creacións preciosas feitas con moito agarimo.
E aínda houbo unha sorpresa final: agasalláronnos cunha pequena suculenta para lembrar que o amor pola lectura, igual ca as plantas, medra co coidado, o tempo e o cariño.
Moitas grazas á Biblioteca Valle-Inclán de Redondela pola acollida e ás familias pola vosa colaboración. Seguimos cultivando lectores e lectoras felices!
