O pasado martes 12 maio o alumnado de 2º de Bacharelato tivo unha importante charla co presidente da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia). Neste encontro os nosos alumnos e alumnas poideron resolver tódalas dúbidas que teñen sobre as probas da PAU que se realizarán os vindeiros 2, 3 e 4 de xuño e de todo o proceso de matriculación na Universidade unha vez superadas as probas. Queremos aproveitar para desexarlles moita sorte nestes momentos tan decisivos da súa etapa de formación.
