O alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria visitou hoxe as instalacións de Naturnova en Vigo. Ao longo da xornada, os nenos e nenas puideron gozar dun espazo interactivo deseñado para espertar a curiosidade polo medio ambiente.
O eixe central da visita foron as actividades arredor da auga. A través de módulos dinámicos e xogos adaptados á súa idade, comprenderon a relevancia deste recurso vital, o seu ciclo natural e as pequenas accións que todos podemos facer na casa para evitar o seu desbalde.
Unha experiencia fantástica que reforza os contidos tratados na aula dunha forma práctica e inesquecible.
Graciñas ao equipo de Naturnova polo trato!
#VisitasPedagóxicas #MedioAmbiente #AugaÉVida #Primaria
