Volver

A maxia dos libros enche as rúas de Redondela!

post
Ver más imagenes

Hoxe vivimos unha mañá moi especial en “Lectura na Rúa” en Redondela, unha xornada chea de contos, imaxinación e momentos compartidos arredor da lectura.

Os nenos e nenas gozaron dunha experiencia diferente ao aire libre, descubrindo historias, intercambiando marcapáxinas, compartindo lecturas e mergullándose nese mundo máxico que só os libros son capaces de crear .

Foi precioso ver a ilusión coa que participaron en cada actividade, disfrutando da lectura como unha aventura colectiva, divertida e chea de fantasía .

Queremos agradecer ao CEP Pl. Santa Mariña, ao Concello de Redondela, á ANPA Ernestina Otero e ás Bibliotecas Municipais por organizar unha iniciativa tan fermosa e enriquecedora para os máis pequenos.

E, por suposto, unha mención moi especial para Belén, mamá do ANPA, que nos acompañou durante toda a xornada como guía, axudándonos en todo momento e facendo que todo fose moitísimo máis doado. Grazas pola túa implicación, cariño e dedicación.