Volver

O CONTO “A PEQUENA OSA QUERE XOGAR” COBRA VIDA NO COLEXIO

post

Tivemos a sorte de recibir no cole a visita de dúas actrices da compañía @trecolateatro , que nos agasallaron cunha fantástica representación do conto “A pequena osa quere xogar” da editorial Anaya.

O alumnado gozou dun espectáculo cheo de música e humor, converténdose en protagonistas da historia a través de cancións, xogos e moitas interaccións coas artistas.

Foi unha experiencia moi especial que nos permitiu achegarnos aos libros dunha forma diferente, divertida e emocionante.

Moitas grazas a Trécola e a Anaya por facernos vivir unha mañá tan máxica e inesquecible!