Volver

UN DÍA CHEO DE EMOCIÓNS E RECORDOS INESQUECIBLES

post
Ver más imagenes

Celebramos no cole o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, dous momentos moi especiais que marcan o peche dunha etapa e o comezo de novas aventuras.

Os máis pequenos despídense de Infantil despois de anos cheos de xogos, descubrimentos, aprendizaxes e amizades que quedarán para sempre nos seus corazóns. Agora agárdaos unha nova etapa chea de ilusión en Primaria. 

Pola súa parte, o alumnado de 6º de Primaria pecha unha etapa moi importante da súa vida. Levan consigo experiencias, aprendizaxes, retos superados e innumerables momentos compartidos que os acompañarán no seu camiño cara á Educación Secundaria.