Así poñemos o broche final ás nosas festas escolares!
A última xornada estivo repleta de diversión, emoción e momentos para recordar. Comezamos a mañá disfrutando de xogos, risas e unha refrescante festa da escuma, onde grandes e pequenos pasámolo en grande.
Ademais, chegou un dos momentos máis esperados: o reconto final de puntos! Tras unha semana chea de compañeirismo, esforzo e participación, o equipo verde proclamouse gañador das nosas festas escolares. Noraboa!
E, para pechar este curso tan especial, pola tarde celebramos o noso Festival de Fin de Curso, onde os nosos nenos e nenas brillaron sobre o escenario coas súas actuacións, enchendo de emoción e orgullo a todas as familias presentes.
Grazas a todo o alumnado, familias e equipo educativo por facer posible uns días tan bonitos. Despedímonos deste curso coa mochila chea de recordos, sorrisos e momentos inesquecibles.
Feliz verán a todos! Vémonos o próximo curso coa mesma ilusión e moitas ganas de seguir aprendendo xuntos.
