Volver

CAMPAMENTO 2025-2026

post
Ver más imagenes

7 días en O Grove... e sobrevivimos para contalo! 

Durante unha semana cambiamos as aulas polo mar, as cadeiras polos kayaks e os horarios normais por unha chea de aventuras. Fixemos kayak, snorkel, exploración intermareal, vivacs, veladas nocturnas e descubrimos que durmir fóra é moito máis fácil... cando xa estás rendido de tanto correr! 

Houbo chapuzóns, risas, algún que outro susto coas criaturas mariñas (que seguramente tamén se asustaron de nós), e moitos momentos para compartir entre compañeiros.

O que máis levamos de volta? Novas amizades, lembranzas inesquecibles e a certeza de que, xuntos, somos capaces de todo... ou case todo. 

 Aquí tedes un pequeno resumo dunha semana chea de aventuras, compañeirismo e moita, moitísima diversión.

O Grove 2026: sete días, mil historias e ganas de repetir!