Volver

FESTA DO SAMAÍN

Co motivo da celebración da Festa do Samaín o Colegio Vigo decorou este ano as súas instalación con terroríficas cabazas luminosas, misteriosos morcegos e mesmo néboa que saía da nada no sálón de actos. Despois de traballar na aula o sentido desta tradicional festa, profesores e alumnos disfrutamos da escoita dunha selección de contos de medo interpretados polos cursos de terceiro a sexto de Primaria. Quinto foi o curso gañador deste concurso literario de Samaín. Infantil,  primeiro e segundo cursos de primaria aterrorizaron ao público cun divertido baile de esqueletos e cabazas e cunha canción que daba "medo, medo". A mañá rematou cun movidiño baile no salón de actos e co intercambio de doces e chuches típicas desta época do ano.