Volver

O MAGOSTO

O pasado día venres 13 de novembro o noso colexio celebrou por todo o alto a festa do Magosto. Este ano o tempo acompañou e alumnos e profesores disfrutamos dunha preciosa mañá no patio na que, como non podía ser doutra forma, as castañas foron as protagonistas. Amenizamos a festa cun improvisado grupo folk composto por un gaiteiro, unha pandereteira e unha violinista, que puxeron a música ambiente para que o resto dos alumnos bailasen típicas cancións tradicionais. Asimesmo, parte dos integrantes da nosa comunidade escolar participaron no asado das castañas e en diversos xogos populares como as carreiras de sacos, o xogo da ra, relevos con castañas, os zancos, a comba...Mención especial para os cursos e profesores encargados da decoración tanto das aulas coma do porche de entrada, onde nos recibe cada mañá unha alegre castañeira.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar