Volver

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro o Colegio Vigo vestiuse de luto pola paz. Por desgracia non hai motivos suficientes para festexar este día. Abonda con ver arredor nosa para comprobar que as guerras continúan e os conflictos violentos ameazan o planeta. Pero  quizais por este motivo, máis que nunca, as voces dos alumnos queren erguerse este día para manifestar o desexo de ser educados e crecer en paz.

 

Para simbolizar este sentimento, escolleron noticias violentas de diversos xornais e as recortaron en forma de sol para despois pegar enriba delas os lemas de paz coas mellores intencións de mellorar este mundo.

 

Os alumnos de 2º de bacharelato, vestidos de negro sobre o escenario, recollían os soles que os representantes de cada curso portaban. Por un momento sentímonos moi unidos, deixando voar as nosas reflexións ao compás da fermosa letra da canción Imagine de John Lennon.

 

A conmemoración rematou cun alegre cántico a viva voz de Álvaro Soler, Bajo el mismo sol, que deu sentido tamén ao lema escollido para este Día da paz e non Violecia 2016: “Unidos baixo o mesmo sol”.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar