Volver

Festa do entroido

O venres 5 de febreiro o Colegio Vigo celebrou a súa tradicional festa de Entroido. Pola mañá, os alumnos de Infantil e Primaria asistiron a clase disfrazados e encheron de cor e diversión o escenario cando, ao compás de música festeira, desfilaron cos seus mestres no salón de actos. Tamén houbo tempo para mostrar as súas caretas feitas en obradoiros de manualidades ao longo da semana.

Pola tarde, un grupo de profesores, convertidos en bravos e intrépidos piratas abriron a festa para as familias dos alumnos do centro cunha divertida canción interpreatda e bailada por eles mesmos. A continuación, un grupo de animación amenizou a festa onde os máis pequenos brincaron sen parar ata o remate.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar