Hoxe tocounos visitar as instalacións do clube en Chapela, Germán, Kevin e varios exalumnos do noso propio centro foron os encargados de facernos pasar unha tarde deportivamente moi entretida. Despois de ver as embarcacións e facer unha sesión de quecemento, pasaron ao ximnasio onde aprenderon un pouquiño máis da práctica do remo, tanto nas máquinas do ximnasio, no ergómetro, como no foso, onde experimentaron a sensación de estar mesmamente nunha trainera. A sesión resultou un éxito, os rapaces esperan impacientes o día de saír de verdade ao mar.