Hoxe completamos as actividades propostas para este ano dentro do Departamento de Educación Física para a ESO. Os de primeiro curso tiveron unha clase teórico- práctica sobre o deporte da petanca.
Na propia aula do colexio, foron informados por César Álvarez, presidente do clube San Xoan, e Raquel Simón, a vicepresidenta, da orixe e historia dese deporte que se remonta a época grega, como os primeiros xogadores premiaban a forza enviando as pedras o máis lonxe posible e como máis tarde os romanos privilexiaron a habilidade coa idea dun obxectivo ao que había que aproximarse, o que hoxe en día chaman boliche.
Logo pasamos ao patio do centro onde xa se dividiron en equipos para competir e aprender as regras do xogo practicando eles mesmos, valorando a forza e a técnica que lles permitise ter mellor puntería, tanto na aproximación como no desprazamento das bolas contrarias.
Desde aquí queremos agradecer á Concellería de Deportes de Redondela por termos en conta no seu programa para escolares EducaDeportivo. Agardamos poder participar no futuro noutras iniciativas que enriquezan os coñecemenos dos nosos alumnos.