Volver

Billar. Actividad extraescolar.

actividad-extraescolar-billar-colegio-vigo-concertado
Ver más imagenes

O xoves 12 de maio,os alumnos de 4º da ESO disfrutaron dunha clase teórico práctica de Billar, dentro do programa EducaDeportivo do concello de Redondela. Achegámonos ao Círculo Cultural Recreativo de Chapela onde Juan Casal, campión galego de Billar a Tres Bandas, amosou a súa gran paixón por este deporte de precisión que tivo carta olímpica para os Xogos Olímpicos do 2004, aínda que non chegou a ser incluído neles.
Coa axuda de Javier Gallego, outro integrante do clube, descubrimos a importancia das matemáticas, da xeometría e da física para conseguir as carambolas que os levan a gañar as partidas no Campionato Galego de Billar a Tres Bandas.
Logo disto, puxemos en práctica o visto na sala, fixéronnos unha demostración de como é en realidade unha partida, e os alumnos e alumnas , dirixidos por Rogelio Fortes, Carlos Pousa e Modesto Lozano, fixeron as súas primeiras carambolas.

A visita foi ben aproveitada e convidáronnos a asistir cando queiramos ao clube e a repetir a experiencia para vindeiros anos.