Volver

Festas Colegio Vigo 2016

fiestas-colegio-vigo-plurilingue-2016
Ver más imagenes

O pasado 25 de maio deron comezo as tradicionais festas escolares no noso centro. O pistoletazo de saída foron os xogos dos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria o mércores pola mañá. A continuación sucedéronse os eventos deportivos do alumnado desde cuarto de primaria ata bacharelato. O venres de mañá os máis pequenos disfrutaron dos hinchables no patio do cole e pola tarde púxose fin aos deportes coa entrega de medallas. Os alumnos participantes nos xogos estaban divididos en catro cores: azul, vermello, verde e amarelo. Este ano o equipo gañador foi o verde e aproveitamos a excursión de fin de curso para darlle aos integrantes deste grupo un forte aplauso. As festas remataron co tradicional Festival de fin de curso que tivo lugar o sábado 28 pola mañá.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar