Os alumnos de 1º da ESO ,o día 7 de xuño, acudimos ás instalacións do xornal FARO DE VIGO, decano da prensa española, como complemento da materia impartida na aula de lingua castelá e como parte do currículo da asignatura.
En primeiro lugar visitamos a redacción onde nos amosaron como se traballa nas diferentes seccións dun xornal, non soamente no labor do periodista senón tamén de maquetación, publicidade, delegacións, etc. Ensináronnos unha copia do primeiro exemplar publicado en 1853 e como poder atopar novas antigas na súa hemeroteca dixital.
A continuación fomos ver a imprenta e toda a rotativa onde nos explicaron como se fan os encartes para a posterior distribución do periódico pola provincia e fóra dela.
Foi interesante poder comprobar in situ como se elabora un periódico ao longo do día e afianzar o explicado na aula