Volver

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ÁS ILLAS CÍES

excursion-a-islas-cies-colegio-vigo
Ver más imagenes

O pasado venres 3 de xuño realizamos a excursión de fin de curso, que como tódolos anos fixemos ás illas Cíes. Máis de 100 alumnos da ESO, bacharelato e ciclos, acompañados por 7 profesores, chegamos ás illas ás 11:30 h para realizar unha excursión ó Alto do Príncipe (tamén coñecido como Silla da Raíña), onde puidemos disfrutar dunhas das mellores vistas do arquipélago. Trala animada sesión fotográfica no cumio, voltamos cara á praia de Rodas, onde aproveitamos para xogar ó volei-praia alumnos e profesores e para bañarnos e tomar o sol.

 

Ás 19:15 h partimos de volta cara a Vigo, onde chegamos ás 20:00 h tras un día moi emocionante.