Volver

SAMAÍN

post
Ver más imagenes

O pasado 28 de outubro celebrouse no Colegio Vigo a tradicional festa do Samaín. Corredores e aulas foron decorados con terroríficos traballos, manualidades e cabazas realizados polo alumnado.

Primeiramente, alumnos e alumnas de infantil e primaria  visitaron a biblioteca para escoitar  unha historia de medo: "O capitán Troita" interpretada polos mestres Raúl e Alex. Máis tarde, no salón de actos, expuxéronse para todos os cursos as diferentes actuacións sobre a festividade. Así, comenzaron os alumnos de terceiro co seu mural sobre o Samaín, onde nos falaron da súa orixe, celebración e pratos tradicionais. A continuación, foi o turno de infantil bailando e interpretando a canción "Non teño medo.Tamén os alumnos de primeiro e segundo de primaria cantaron e bailaron "Tumba por ali...Tumba por ala..." . De seguido, os alumnos de cuarto e quinto contáronos as súas historias de medo. Para rematar a festa, sexto realizou unha pequena obra teatral.