Por fin chegou o Magosto ao Colegio Vigo! Para celebrar a popular festa das castañas, alumnos e docentes baixamos ao patio do colexio. Os discentes encheron os seus portacastañas, elaborados por eles mesmos, para degustar este froito típico do outono, a vez que, xogaban, brincaban e bailaban coa tradicional música .
Tamén este ano lembramos os xogos tradicionais, Así os maiores poideron disfrutar da carreira de sacos, comba e zancos. Os pequenos realizaron xogos como: o circuito da castaña, onde tiñan que bordear uns conos cunha castaña enriba da cachola; salto da serpe, brincando dun lado a o outro sen tocar a corda ou o tira-tira, onde por equipos tiraban da corda para ver quen arrastaba o equipo contrario ata o seu lugar.
En difinitiva, pasamos unha mañá diferente e agradable co son da música, xogos e como non… comendo castañas asadas ata fartar!