O pasado día 2 de decembro, co gallo da celebración do Día do Discapacitado, o noso amigo Rober visitou os alumnos e alumnas de Infantil, primeiro e segundo curso de Primaria. Rober contounos como fai moitísimas cousas día a día, a pesares de estar privado do sentido da vista.
Tamén ese día visitaron o colexio uns usuarios da Asociación Down Vigo para amosarlle ao alumnado de 3º ata 6º de Primaria as similitudes en canto a intereses, estilo de vida, pasatempos, plans de futuro...coincidentes, na súa maioría co noso alumnado. Isto debería axudar a normalizar a visión que temos sobre estes colectivos, así como favorecer a súa inclusión na sociedade.