Volver

DÍA DA PAZ

post
Ver más imagenes

 

O DÍA DA PAZ

O luns 30 celebramos como é costume o Día da Non Violencia e a Paz no Colegio Vigo. Como xesto de benvida ao evento, os alumnos de 2º de Bacharelato recibiron aos seus compañeiros e profesores con fortes aplausos e ovacións facendo un divertido corredor que animaba a todos os presentes a entrar no salón de actos. Este ano, baixo o lema, “Fronte ó acoso non te pares”, toda a comunidade educativa implicouse de maneira excepcional con este tema que por desgraza é actualidade. O evento comezou coa proxección dun mannequin challenge moi especial, onde todos os alumnos do centro, desde Infantil ata Bacharelatos, pasando pola ESO, FPBásica e Ciclos Medios  foron os protagonistas. Neste vídeo aparecían escenificadas diversas situacións de acoso que remataban cun grito unánime: “Fronte o acoso, non te pares” e un único pensamento: “ actúa, denuncia e non quedes estático”.

O acto continuou cunha fermosa canción interpretada polos alumnos de Infantil, primeiro e segundo de Primaria na que invitaban aos presentes a xogar. Baixo o título Vamos a jugar a ser mejor, o salón de actos do Colegio Vigo tocou palmas e coreou aos intérpretes.

Como é xa tradicional, un representante de cada curso leu para todos o lema de paz  da súa clase. Estes propósitos de paz viñan en formato emoticono, e  acabaron presidindo o acto conmemorativo nun gran cartel no centro do escenario.

Por último, mentres coreamos todos xuntos o rap de El Langui, Se buscan valientes, varias ducias de globos invadiron o salón dando así por finalizada a nosa especial celebración do día da paz.

 

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar