Volver

VISITA DIDÁCTICA Á CORUÑA

post
Ver más imagenes

                                                         VISITA DIDÁCTICA A A CORUÑA.

 Visitáronse tres dos museos máis representativos da cidade herculina: A Domus, ou Casa do Home, O Museo das Ciencias, e o Aquarium Finisterrae.

Comezamos a nosa visita nas instalacións da Domus onde os rapaces puideron comprobar as súas habilidades físicas e trazos característicos como seres humanos. Xantamos alí mesmo e despois dirixímonos ao Aquarium, onde poideron observar os pormenores da vida nos océanos: o peixe paiaso, o peixe trompeta, os ollomoles, os rodaballos e todos os animais que viven no pero o personaxe estelar foi o tabeirón, que resultou ser amable con todos, posando para as nosas fotos.

Ademais este ano gozamos dun tempo estupendo e saímos a ver as focas e pareceron entusiasmadas coa visita dos nosos alumnos, nadaron, bucearon, saíron a saudar...Os alumnos fartáronse a facerlles fotos.

Por último, trasladámonos a O Museo das Ciencias onde os alumnos continuaron aplicando de xeito práctico moitas das leccións de física aprendidas na escola. Por falta de tempo non puidemos acabar a nosa visita coa sesión no planetario. Quédanos pendente para outro ano, posto que os rapaces mostraron interese nel.

A valoración da saída foi positiva; moitos deles era a primeira vez que visitaban os Museos de A Coruña, e observaron de maneira práctica aspectos que se lle ensinan nas aulas dun xeito moito máis teórico.