VISITA Á EXPOSICIÓN DOS GUERREIROS DE TERRACOTA DE XIAN
Hoxe, martes 14 de febreiro de 2017, todos os cursos da ESO, realizamos unha visita á exposición: Guerreiros de terracota de Xian.
A visita foi organizada en tres fases:
1.- Vídeo informativo de como, por que e cando tivo lugar a creación destas impresionantes esculturas.
2.- Visionado do Foso I, con explicacións de audio das figuras que tiñan expostas.
3.- Visita con guía ao resto das figuras que conforman a exposición.
Temos que dicir que foi, ante todo, moi amena. Os guías, encantadores, interactuaron continuamente cos rapaces. Pola súa parte, os nenos mostraron unha atención e interese realmente salientables.
Ó finalizar, agasalláronnos cunha foto conmemorativa, unha por cada curso participante.
Unha experiencia moi reconfortante para todos, alumnos, profesores e mesmo guías, que destacaron o bo comportamento xeral dos nosos rapaces.