O ENTROIDO
O pasado venres 24 de febreiro celebramos no Colegio Vigo o Entroido. Pola mañá os alumnos de Infantil, Primaria e a ESO viñeron creativamente disfrazados para o tradicional desfile que tivo lugar ás doce da mañá no patio exterior do centro, pois, por sorte, o tempo acompañaba.
Pola tarde, de cinco a sete, no ximnasio, familias, rapaces e profesores asistimos a unha animada e divertida festa amenizada polo grupo Animar-t. Houbo xogos, actuacións de maxia e tamén concurso de baile; este ano o gañador foi Brais Goy, una alumno de 2º da ESO. Os profesores asistiron disfrazados de mimos ambientando así un curso máis a tradición do noso Entroido.