Visita ao teatro O libro máxico
O pasado venres 10 de marzo os alumnos de 6º Infantil, primeiro e segundo de Primaria asistiron ao Multiusos da Xunqueira, en Redondela, para disfrutar do espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo coa obra O libro máxico de Expresión Producións. Gustou moito, pois se trata dunha historia que contén varios relatos presentados de forma moi amena. Destacamos que con so dous actores conseguiron manter ao auditorio entretido e totalmente expectante toda a sesión.