Volver

CHARLA REMO

post
Ver más imagenes

CHARLA REMO

O departamento de Educación Física, coa colaboración do Concello de Redondela e a súa iniciativa  EducaDeportivo, leva a cabo unhas clases teóricas e prácticas de deportes alternativos.

O 18 de abril tocoulle o turno aos alumnos de 2º de la ESO, e como deporte, O Remo. Viñeron Julio, directivo do clube de Remo de Chapela, Sara e Kevin González, estudante de Ciencias da Educación e o deporte ademais de membro do clube e adestrador de categorías inferiores. Explicáronlles as características dos deportistas e os beneficios da práctica deste deporte, non só física, se non psicoloxicamente.

Nunha segunda fase, os alumnos poderán visitar as instalacións que ten o clube en Chapela, o ximnasio e os bancos de entreno. E para rematar o acercamento a este deporte, poderán saír á mar todos aqueles que queran probar.