VISITA DIDÁCTICA REDONDELA EN CURTO
O 26 de abril, todos os cursos da ESO visitamos o Multiusos de Redondela onde asistimos a proxección para escolares corresponte á XIII edición do festival Redondela en curto. Proxectáronnos cinco cutametraxes cun mesmo tema: xente con necesidades especiais, posto que estaba dentro da sección do colectivo Andaina. Logo da visualización, os alumnos poideron votar o que máis lles gustara, sendo así xuíces do certame.
Foi unha visita na que os alumnos puideron aprender algo máis das persoas con distintas discapacidades e sobre todo na charla final con Chano Rodríguez, medallista de natación en diversos Xogos Paralímpicos . Achegarmos a estas adversidades fainos entender e valorar a vida, e aprender a vivila con ánimo de superación.
A visita foi altamente positiva, quedaron abraiados coa testemuña de Chano .