Volver

CLASE DE ATLETISMO

post
Ver más imagenes

                                                                       CLASE DE ATLETISMO

O venres 19 de maio, dentro das actividades propostas para este ano dentro do Departamento de Educación Física para a ESO, os de cuarto tiveron unha clase teórico-práctica sobre o atletismo.

No biblioteca do colexio, Sebastián Carreiro, adestrador do Club de Atletismo en Redondela faloulles aos alumnos das modalidades dentro do atletismo, a orixe e historia do deporte que se remonta a época grega.

Logo pasamos ao patio do centro, onde xa se dividiron en equipos para practicar e aprender as regras valorando a forza e a técnica que lles permitise ter mellores resultados en lanzamento de peso, salto de lonxitude e triplo salto, así como a técnica de saída e colocación dos tacos nunha carreira.

A falta de tempo impediunos practicar algunha outra modalidade como lanzamento de disco, pero Sebastián convidounos a todos a acompañar a Samuel , compañeiro da súa clase, a algunha sesión de adestramento en Redondela, no equipo que el adestra.