Volver

SEMANA DE VISITAS NA ESO ( 1º E 2º)

post
Ver más imagenes

                                                    SEMANA DE VISITAS NA ESO (1º E 2º)

Os mes de maio comezou cargado de visitas: ata o colexio desplazáronse a escritora Ledicia Costas para falarnos das súas obras, que lemos este ano, e a directora da Alliance Française en Vigo, Véronique, que nos ofreceu unha reportaxe sobre Bretagne, tema co que temos traballado ao longo do presente curso.

O día 8, tivemos a sorte de ter entre nós a escritora viguesa Ledicia Costas.. Ademais de comentar con ela as obras de lectura obrigatoria, puidemos escoitar as súas divertidas anécdotas, respondeu a todas as cuestión plantexadas e, para finalizar, asinounos os libros. Os alumnos disfrutaron e aprenderon moito.

O día 9 era o turno de Véronique, ela presentou o seu traballo como profesional da AF e, a continuación, e de forma moi amena e didáctica (en francés), contounos como é a súa terra, Bretagne, cultura, xeografía, costumes, lendas, gastronomía…rematamos cunha ronda de preguntas e coa satisfacción de ter aproveitado moi ben o tempo.