Os días 28 de Novembro e 1 de Decembro os cursos de1°e 2 ° da ESO visitaron o Scriptorium de Redondela. A saída tiña como obxectivo acudir a un obradoiro de caligrafía medieval. O obradoiro, baixo o título "Scriptorium. O mestre dos códices", mostroulles cal era o proceso de elaboración dun manuscrito na Idade Media ao alumnado. Ademais de dar a coñecer o laborioso proceso de escritura manuscrita e iluminación dun pergamiño, o obradoiro acompáñase dunha exposición explicativa. Un xeito diferente de aproximarse ao Pergamiño Vindel, que visitaremos no mes de xaneiro.
Foi unha visita moi interesante que mantivo a todos os alumnos atentos e unha experiencia moi positiva, xa que todos participaron preguntando ou respondendo ás cuestións que se lles plantexaron, e transformáronse en monxes medievais escribindo o seu propio pergamiño que decoraron cunha letra capital. Levaron de agasallo cadanseu diploma de copistas.