Volver

1º e 2º de FPB Mantemento de Vehículos visitan o Museo e a fábrica de Massó en Bueu e Cangas.

post
Ver más imagenes

O pasado 20 de decembro os cursos de 1º e 2º de FPB visitaron a fábrica e o museo de Massó en Bueu e Cangas. 

O Museo Massó e un museo da Xunta de Galicia que ten a súa sede no edificio máis antigo de fábrica de conservas Massó Hermanos, no que se levantara con anterioridade a súa primeira fábrica de salgadura, e máis tarde se destinara ao Museo Marinero. Nel convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do coleccionismo doutra época. Aquí os alumnos puideron comprobar como funcionou a maior fábrica conserveira de Europa na súa época, e os procesos de xestión e funcionamento moi avanzados empregados.

O alumnado amosou gran atención e participaron con preguntas á guía encargada da visita.

Trala visita ao museo dirixímonos a localidade limítrofe de Cangas do Morrazo co fin de visitar a antiga fábrica conserveira de Massó. Alí estaba esperando Manuel, un antigo traballador da factoría, o cal fixo de guía e explicou como funcionaba o día a día da fábrica na súa época. Tamén nos instruíu acerca  de todas as instalacións, cal era a súa función e como era o seu funcionamento. Os alumnos prestaron atención lle fixéronlle numerosas preguntas. Foi unha aportación moi interesante e completou a información que antes recibimos no Museo.