O pasado mércores, día 17 de Xaneiro, os cursos de 1° e 2° da ESO visitaron o Museo do Mar de Vigo para ver o Pergamiño Vindel. Foi unha visita guiada moi interesante a través da cultura e da sociedade na Idade Media que mantivo a todos os alumnos atentos e unha experiencia moi positiva, xa que todos participaron preguntando ou respondendo ás cuestións que se lles plantexaron.
Puideron ver, tamén, o museo e o acuario nunha mañá chea de descubrimentos e dunha aprendizaxe diferente.