A saída tiña como obxectivo dar a coñecer aos nosos alumnos unha das figuras máis representativas do Renacemento como é Leonardo da Vinci, visitando a exposición do “Tinglado” situada no porto de Vigo. Organizouse con 4º ESO (20 alumnos), 1º bacharelato (13 alumnos), 1º de FPB (15 alumnos) e 2º de FPB (10 alumnos), acompañados polos seus titores.
Saímos do colexio ás 10:35 xa que a visita estaba concertada para ás 11:00. Xa alí, en primeiro lugar, visualizamos un documental ilustrativo da vida e obra do artista e, a continuación, en dous grupos con cadanseu guía, tivemos a oportunidade de ver debuxos e estudos de distintas materias, manipular algúns dos inventos e, por suposto, contemplar algunhas réplicas dos cadros máis emblemáticos de Leonardo da Vinci.
Foi unha visita moi positiva, interesante e agradable. Os alumnos, disfrutaron moito.