Onte tivemos unha dobre visita no colexio. Por un lado veu a subinspectora de policía Mercedes Daván, a dar unha charla aos alumnos de 1º e 2º da ESO acerca dos perigos das redes sociais. Pero tivemos tamén a sorte de participar nun programa da TVG chamado A Revista, no que conectaron en directo co noso centro para concienciar a poboación dos usos inadecuados das redes sociais.
No seguinte enlace podedes ver as conexións do programa a partir do minuto 17:50, a primeira conexión e do minuto 44:27, a segunda conexión:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/a-revista